Friday 03 de May de 2024

Recepción oficial do deportista Iván Parada novo na Casa do Concello de Riveira


O loitador e adestrador do Club Kempo Barbanza Iván Parada Novo foi obxecto no salón de plenos da Casa do Concello dunha recepción oficial por parte do alcalde tras os últimos logros obtidos por este deportista e, en especial, tras proclamarse finalista en Miami no campionato mundial de World Kickboxing League (WKL) organizado pola North American Sport Karate Association, un dos torneos máis prestixiosos do mundo.

Iván Parada estivo acompañado de parte da directiva do club e da súa familia nun acto no que o alcalde Manuel Ruiz salientou o excepcional traballo que están a realizar a nivel de escola deportivas “algo que hai que valorar tanto ou máis que os éxitos deportivos”, ademais de loar a súa destacada participación no citado certame internacional.

Iván Parada recibiu un obsequio institucional en testemuño da felicitación do Concello.